Print

Cazola de chícharos

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 25 g Arroz
  • 5 g Caldo de polo
  • 40 g Cebola
  • 50 g Chícharo
  • 60 g Ovo
  • 50 g Pataca
  • 15 g Touciño

Instructions

  • Quentar o aceite, nun cazo, e dourar nel a cebola e o touciño. Engadir a pastilla de caldo e unha cunca de auga e cocer ata que a pastilla se desfaga. Engadir as patacas e os chícharos e cocer uns minutos para que tomen sabor. Poñer un fondo de arroz nunhas cazolas individuais, cubrir coa salsa de chícharos e patacas, cortadas en cadradiños, e coroar cun ovo escalfado. A salsa debe quedar un pouco caldosa, se é necesario engadir un pouco máis de auga.

Notes

Os chícharos están compostos principalmente por auga pero son ricos en hidratos de carbono, polo que son moi enerxéticos. Os chícharos teñen un abundante contido proteico recomendable para persoas que seguen unha dieta vexetariana. Destaca o seu contido en fibra que axuda a controlar os niveis de colesterol, e son ideais para persoas diabéticas, xa que os azucres que conteñen se liberan lentamente no sangue.