Churrasco de porco
Servings 1 persona
Ingredients
- 10 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 160 g Costela de porco
- 100 g Pataca
- 1 g Perexil
- 1 g Sal
- 10 g Vinagre
- 10 g Viño branco
Instructions
- Adobamos a carne con allos moi picadiños, viño branco, aceite, vinagre e perexil. Deixámola polo menos 1 h para que se impregne ben do adobo. Engadímoslle o sal e asamos nunha grella ou, no seu defecto, no forno.
Notes
É un prato moi estendido en diversas zonas de Galicia pero de recente introdución por emigrantes de Iberoamérica, a partir do ano 1950. En América do Sur as primeiras rexións de cría de gando foron Brasil, Arxentina e Uruguai, e crese que foi alí onde se empezou a cociñar pola súa facilidade de preparación. Coñecíase co nome de asado. As persoas emigrantes galegas retornadas introduciron esta forma de preparación.