Churrasco de tenreira
Servings 1 persona
Ingredients
- 15 g Aceite de oliva
- 2 g Allo
- 0.5 g Azafrán
- 160 g Costelar de ternera
- 0.5 g Loureiro
- 100 g Pataca
- 1 g Perexil
- 0.5 g Sal
- 5 g Vinagre
- 10 g Viño branco
Instructions
- Deixar macerar, media mañá, a costela refregada cun adobo previamente preparado nun morteiro con allo, perexil, loureiro, sal, aceite, viño branco, vinagre e azafrán. Asar lentamente o conxunto procurando que se doure sen que chegue a secarse en exceso. Se así fose, volver a adobar as veces que fosen necesarias.
Notes
Segundo relatan os feitos históricos foi no século XVII cando xurdiu na zona de Uruguai, Arxentina e sur de Brasil, o churrasco como xeito de cociñar a carne de tenreira. Preparábano así os campesiños que coidaban do gando e pasaban longos períodos fóra das súas casas. A costela de tenreira ten unha gran proporción de auga e pouca graxa. Conforme o animal é maior aumenta o seu contido en nutrientes entre eles o de graxa e diminúe o de auga. Logo, a costela de tenreira é unha carne cun contido en graxa relativamente baixo que nos proporciona proteínas de alto valor nutricional, ferro e vitaminas do grupo B.