Print

Corzo asado

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 120 g Corzo
  • 0.5 g Loureiro
  • 150 g Pataca
  • 0.5 g Perexil
  • 40 g Pemento vermello
  • 0.5 g Sal
  • 20 g Vinagre
  • 40 g Viño branco

Instructions

  • Córtase en toros o corzo e adóbase con aceite, vinagre e con allo, perexil e cebola moi picados. Déixase macerar durante catro días na neveira, de maneira que a carne súe. O sabor do adobo mesturarase co da carne e conseguirase un sabor máis intenso. Non se salga a peza ata o día anterior no que se cociñe, despois de escorrida. Dóurase o allo en aceite nunha cazola baixa, engádese o corzo, a folliña de loureiro, régase con abundante viño branco e un chorro de aceite. Despois dunhas voltas a lume intenso, pásase a unha bandexa de forno onde teremos unha cama de cebola e aceite. Cocíñase no forno a lume medio durante unha hora, que se pode prolongar segundo o tamaño dos anacos de corzo.

Notes

O corzo está englobado dentro da caza maior. A súa mellor época é o outono avanzado, de outubro a xaneiro. A súa carne é magra, tenra, saborosa e cunha característica moi especial, está suavemente perfumada, é dicir, ole a caza. O corzo posúe poucas calorías xa que a súa carne ten pouco contido graxo polo que é un bo prato para persoas que seguen algunha dieta baixa en calorías.