Chícharos guisados
Servings 1 persona
Ingredients
- 5 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 50 g Cebola
- 125 g Chícharo
- 1 g Loureiro
- 80 g Pataca
- 0.20000000298023224 g Sal
- 20 g Viño branco
- 40 g Cenoria
Instructions
- Botamos nunha cazola os chícharos, a cebola, as cenorias en tacos e o aceite. Tras 15 min, engadimos as patacas cos allos, o loureiro e o viño branco e deixamos cocer.
Notes
Antigamente os chícharos utilizábanse como forraxe en seco. Foi a partir do século XVI cando o home os empezou a consumir como gran fresco. Os chícharos constitúen unha excelente fonte de proteína vexetal. Son idóneos para persoas vexetarianas. Tamén conteñen moita fibra polo que evitan o estrinximento aínda que poden resultar indixestos por este motivo. Os chícharos conteñen fitosterois, substancias parecidas ao colesterol, que dificultan no ámbito intestinal a absorción do colesterol da dieta e incrementan a súa eliminación. Os chícharos posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis, polo que resultan aconsellables nas dietas de persoas diabéticas.