Ensaladilla de arroz
Ingredients
- 50 g arroz
- 50 g maionesa
- 30 g ovo
- 20 g chícharos
- 20 g pemento morrón
- 20 g cenoria
- 20 g atún en aceite
Instructions
- Ferver o arroz, refrescar e escorrer. Cortar e ferver a cenoria, os chícharos e o ovo segundo orde de dureza. Mesturar todos os ingredientes en frío, engadir o atún e o pemento en dados. Rematar engadindo a maionesa.
Notes
Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.