Print

Ensalada de garavanzos

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 40 g garavanzos
  • 60 g ovo
  • 40 g cenoria
  • 40 g feixón verde
  • 25 g millo
  • 5 mL vinagre
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Colocar os garavanzos unha vez cocidos e escorridos nunha ensaladeira. Trocear o ovo, os feixóns e relar a cenoria. Engadir estes ingredientes aos garavanzos xunto co millo e aliñar ao gusto.

Notes

Vantaxes:
O nutriente principal dos garavanzos son os hidratos de carbono, dos cales o amidón é o máis abundante. Presenta un bo aporte proteico, pero sen diferenzas respecto dos demais legumes secos; ademais, son proteínas incompletas por falta de metionina (un aminoácido esencial). O contido que presenta de lípidos é maior ca no resto de legumes, destacando a presenza de ácidos insaturados como son o ácido oleico e linoleico. Os garavanzos presentan un elevado contido de folatos e tiamina, e minerais como calcio, fósforo, ferro, potasio e magnesio; ademais aportan unha gran cantidade de fibra.