Cuscús con gambas e mexillóns
Ingredients
- 50 g cuscús
- 30 g mexillóns
- 25 g gambas
- 25 g cebola
- 20 g cabaciño
- 15 g pemento vermello
- 15 g pemento verde
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Ferver o cuscús o tempo que nos indique o fabricante. Nunha tixola refogar as verduras por orde de cocción, engadir as gambas e os mexillóns. Mesturar co cuscús.
Notes
Vantaxes:
O cuscús elabórase a partir de sémola de trigo e polo tanto presenta as mesmas características que as pastas alimenticias.
As principais características da pasta son o seu gran aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (almidón) e en proteínas (gluten), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cocinar.