Ensalada de pementos con queixo e xamón
Ingredients
- 250 g pemento vermello
- 40 g queixo semicurado
- 15 g xamón serrano
- 5 mL vinagre Xerez
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Lavar e asar os pementos vermellos. Colocalos sobre unha bandexa de forno tapados con papel aluminio e asar a 160ºC durante 35min. Unha vez asados deixalos repousar para que o vapor xerado facilite o seu pelado. Pelar e cortar en tiras. Mesturar cos demais ingredientes cortados en dados e aliñar.
Notes
Vantaxes:
Os hidratos de carbono son o compoñente maioritario dos pementos. Tamén teñen un elevado contido en auga e o seu contido en lípidos é moi escaso, isto fai que o seu valor calórico sexa baixo. É un dos alimentos máis ricos en vitamina C, incluso proporciona o dobre desta vitamina que a laranxa. Pero tamén é rico en carotenos, como o beta-caroteno ou provitamina A. Ademais, como as verduras en xeral, os pementos son ricos en fibra. E en canto ós minerais, contén, principalmente, fósforo, potasio, magnesio e calcio.