Guiso de salmón con verduras
Ingredients
- 150 g salmón
- 50 g pataca
- 50 g cabaciño
- 50 mL viño branco
- 40 g tomate
- 25 g cenoria
- 25 g cebola
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- vinagre
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Pelar a cebola e o tomate, picar finamente sazonar e fritir nunha pota. Lavar, pelar e cortar en rebandas finas a cenoria. Lavar tamén o cabaciño, que se despunta e córtase tamén en rebandas. Incorporar á pota cando a cebola estea tenra, proseguindo a cocción. Engadir o viño e un pouco de auga, rectificar de sal se é necesario e deixar cocer a lume suave ata que o caldo redúzase á metade. Cortar o salmón en dados e sazonar lixeiramente. Engadir á pota e continuar a lume suave uns catro minutos máis. Servir acompañado de pataca cocida.
Notes
Vantaxes:
O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. A súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, ademais de ser fonte de magnesio e iodo. Inconvenientes:
Ó igual que os demais peixes azuis o salmón presenta o inconveniente de conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.