Espinacas á crema con gambas e pauciños
Ingredients
- 150 g espinacas
- 30 g gambas
- 30 g pauciños cangrexo
- 100 mL leite desnatado
- 6 g fariña
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer as espinacas en auga abundante, refrescar e escorrer. Nunha tixola dourar os dentes de allo, pelados e cortados en láminas, cando collan cor, engadir as espinacas, os pauciños de cangrexo e as gambas peladas. Refogar o conxunto durante 3 minutos. Separadamente, preparar unha bechamel; quentar o aceite nun cazo e engadir a fariña. Remover con variña e engadir o leite quente. Remover ata que ferva e espese. Engadimos sal, pementa e noz moscada ao gusto. Engadir o refogado e mesturar ben deixando cocer todo xunto uns minutos máis.
Notes
Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable. Inconvenientes:
O ferro de orixe animal absórbese mais facilmente que o presente nos vexetais. Por tanto, para un bo aporte de ferro é necesario o consumo de alimentos de orixe animal.