Crema de cenoria e cabaciño
Ingredients
- 150 g cenoria
- 80 g cabaciño
- 30 g cebola
- 20 g porro
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Pelar o cabaciño e a cenoria, cortar en dados e reservar. Limpar a cebola, o allo e o porro, cortar en xuliana (corte en tiras finas) e rustrir nunha cazola con aceite de oliva quente. Unha vez cociñada a verdura agregar a cenoria e o cabaciño, refogar o conxunto e cubrir con auga. Deixar cocinar a lume moderado durante 30 min. nunha pota normal ou 15 minutos nunha pota a presión. Unha vez cocida a verdura, pasámola polo pasapurés ou pola batidora. Poñer a punto de sal e agregar unha cullerada de aceite de oliva virxe para refinar a crema. Servimos quente.
Notes
Vantaxes:
A cenoria é un alimento excelente dende o punto de vista nutricional grazas ó seu contido en vitaminas e en sales minerais. O seu gran atractivo débese á presenza do beta-caroteno ou provitamina A. Isto, xunto co seu aporte en vitamina E, fai desta hortaliza unha fonte natural de antioxidantes.
O cabaciño destaca polo seu elevado contido en auga e aporte en hidratos de carbono. Contén vitamina A, B, C; magnesio, sodio, iodo, ferro, calcio e potasio. Ademais, posúe acción antioxidante, regula os niveis de auga na célula, e mellora o funcionamento intestinal e dixestivo.