Print

Crema Vichyssoise (de pataca e porro)

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 100 g pataca
  • 100 g porro
  • 100 mL caldo verduras
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cortar os ingredientes en rebandas finas e refogar nunha pota con aceite de oliva. Cubrir co caldo de verduras e cociñar durante 10 minutos. Triturar e servir quente.

Notes

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.
Inconvenientes:
A pesar do seu contido en vitamina C, pérdese a maior parte desta vitamina co pelado, e o resto durante o proceso de cocción.