Guiso de sepia con pataca
Ingredients
- 150 g sepia
- 1 (100g) pataca
- 100 mL caldo peixe
- 20 g cebola
- 20 g pemento vermello
- 20 g chícharos
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementón doce
- loureiro
- sal ao gusto
Instructions
- Refogar en aceite o allo picado, a cebola e o pemento vermello en dados. Engadir a sepia deixar refogar 10 min. aproximadamente. Introducir o pemento doce e a pataca rota, mollar co caldo de peixe. Engadir os chícharos e deixar cociñar ata que a pataca estea lista.
Notes
Vantaxes:
A sepia é un marisco cun baixo aporte calórico, facilmente dixerible, cun alto contido en proteínas e baixo en graxas. É rica en vitaminas do grupo B, fósforo, potasio e magnesio.
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.