Print

Entrecote de tenreira con salsa de Oporto

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g entrecote tenreira
  • 50 g arroz
  • 40 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 100 mL caldo carne
  • 100 mL viño oporto
  • 5 g fariña
  • tomiño
  • pementa
  • perexil
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cociñar o entrecote na prancha cun pouco de aceite de oliva, volta e volta; engadindo o sal cando xa estean cociñados. Facer a salsa de oporto pochando en aceite o allo e a cebola, mollar con oporto até evaporar o alcol, engadir a fariña sen que se queime e terminar co caldo. No momento de servir engadir un chorro de nata á salsa. Servir o entrecote cubrindo coa salsa e acompañado de arroz branco ao forno.

Notes

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.