Print

Fabas á bilbaína

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 60 g fabas
  • 20 g xamón en tacos
  • 20 g pemento vermello
  • 20 g cebola
  • 1 g loureiro
  • 1 g perexil
  • 1 g pementa branca
  • 1 g sal
  • 5 g allo
  • 10 g aceite oliva

Instructions

  • Deixar as fabas a remollo en auga fría, durante a noite anterior. Poñer as fabas nunha pota con auga fría, loureiro e sal. Cando rompa o fervor, engadir máis auga fría e cocer a modo. Mentras, picar finiño o allo e a cebola, o pemento en cadrados e o xamón en taquiños. Nunha tixola calentar o aceite e refogar o allo, a cebola e o pemento, engadir o xamón e deixar que se faga 5 minutos. Cando estén casi tenras, engadir o sofrito, sazonae e darlle un fervor final.

Notes

Vantaxes:
As fabas son alimentos ricos en fibra, folatos, potasio e ferro, pero os seus compoñentes principais son os hidratos de carbono. Aportan unha cantidade importante de proteína vexetal, de peor calidade cá de orixe animal, xa que non presentan todos os aminoácidos esenciais. Axudan a previr o estrinximento, diminuír o colesterol en sangue e manter os niveis de glucosa en sangue grazas ó seu elevado contido en fibra soluble.