Print

Crema de grelos

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 5 g Aceite de oliva
  • 50 g Cebola
  • 160 g Grelo
  • 80 g Pataca
  • 1 g Pementa negra
  • 0.5 g Sal

Instructions

  • Refogamos a cebola. Despois duns minutos, engadimos as patacas e os grelos. Antes de que se coza a mestura, aderezamos con sal e pementa. Cando os grelos estean tenros, retiramos do lume e batemos.

Notes

Este prato é idóneo para consumir en inverno como xeito de combater o frío. Os grelos son ricos en provitamina A, ácido fólico e vitamina C. A provitamina A xoga un papel importante para ter unha boa visión. O ácido fólico é necesario para a formación de proteínas e hemoglobina. A vitamina C é un bo antioxidante. As patacas dan maior consistencia ao prato e enriquéceno en hidratos de carbono complexos, principalmente en forma de amidón. Polo escaso contido en calorías dos vexetais e o emprego dunha cantidade reducida de graxa, este prato está moi indicado para incluír nas dietas de adelgazamento.