Crema fría de patacas e porros
Servings 1 persona
Ingredients
- 20 g Nata
- 60 g Pataca
- 0.5 g Pementa negra
- 90 g Porro
- 0.5 g Sal
Instructions
- Cortamos os porros en catro anacos e as patacas en dous. Poñemos nunha cazola auga con sal, as hortalizas, o medio limón e quéntase ata ebulición, momento no que se baixa o lume e se deixa cocer, lentamente, durante media hora aproximadamente. Unha vez feito, sácaselle o limón e déixase arrefriar. Pasamos a verdura polo triturador e mesturámola coa auga da cocción, alcanzando unha mestura lixeira. Engadimos a nata e poñemos a mestura ao lume ata que rompa a ferver, aderezamos con sal e pementa e deixamos arrefriar para servir.
Notes
Os porros son moi axeitados para persoas que seguen dietas de adelgazamento polas súas propiedades: teñen moi poucas calorías, son diuréticos polo seu contido en potasio, o que fai eliminar líquidos e laxantes pola fibra. Destaca o seu contido en vitamina C e do grupo B. As patacas tamén teñen vitamina C e potasio, o que fai que esta crema sexa adecuada para persoas con hipertensión arterial.