Empanada de mexillóns e espinacas
Servings 1 persona
Ingredients
- 15 g Aceite de oliva
- 50 g Espinaca
- 55 g Fariña
- 16 g Ovo
- 15 g Leite desnatado
- 7 g Fermento
- 40 g Mexillón
- 1 g Pemento doce
- 25 g Pemento vermello
- 3 g Sal
- 20 g Salsa de tomate
Instructions
- Metemos as espinacas en auga fervendo durante 30 s e despois pasámolas a unha cazola con auga fría. Retirámolas e eliminámoslles a auga. Cocemos os mexillóns e retirámoslles as valvas. Douramos nunha tixola con aceite ben quente as cebolas e, unha vez douradas, engadímoslles as espinacas en anacos e a auga da cocción dos mexillóns. Deixamos ferver ata que perdan parte da auga e engadímoslles os mexillóns. Deixamos que repouse todo unhas horas. Despois, introducimos na masa da empanada. Para facer a masa botamos nunha cunca sen asas a fariña. Deixamos un oco no que engadimos a auga morna, o sal, o fermento e o aceite reservado do recheo. Amásase ben todo ata que se despegue das mans. Deixamos repousar un anaco para que colla volume e volvemos amasar. Enchemos a masa e metemos no forno de 35 a 45 min de 180 ºC a 200 ºC.
Notes
As empanadas de peixe son máis habituais na Galicia costeira. A empanada de mexillóns é típica nas Rías Baixas galegas. O mexillón posúe proteínas e un baixo contido graxo polo que o seu valor de calorías non é elevado. Os seus ácidos graxos son omega 3 polo que ten propiedades cardiosaudables. Contén minerais como o iodo, o calcio, o fósforo, o magnesio. É unha das fontes máis importantes de ferro. As espinacas teñen fibra e presentan cantidades elevadas de provitamina A e de vitaminas C e E, todas elas con efecto antioxidante. Tamén é unha importante fonte de iodo e fósforo.