Print

Empanada de zorza

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 15 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 55 g Fariña
  • 7 g Fermento
  • 50 g Lombo de porco
  • 2 g Pemento doce
  • 2 g Pemento picante
  • 1 g Sal

Instructions

  • Empezamos por preparar a zorza coa que encheremos a empanada, haberaa que deixar en repouso durante un día Para facer a zorza engadimos aos ingredientes uns allos torados, ao final, e deixamos repousar. Douramos, lixeiramente, a zorza en aceite. Para elaborar a masa da empanada mesturamos auga morna cun chisco de sal e o fermento. Despois, imos botando a fariña ata que adquira unha textura que se desprenda das mans sen dificultade. Déixase 1 h en repouso e, logo, engadimos o aceite e un chisco de pemento e repetimos o amasado. Unha vez feita a masa introducímoslle o recheo que preparamos de zorza e metemos no forno a 180 ºC uns 40 min aproximadamente.

Notes

A empanada xurdiu na zona urbana do Mediterráneo nos séculos XII e XIII e atópase mencionada, por primeira vez, nas cancións de Afonso X, O Sabio. É un dos pratos galegos máis tradicionais e pode estar composto por gran variedade de recheos. A empanada de zorza é tradicional de Mondoñedo (Lugo). A zorza é a carne de porco picada e adobada que se usa no recheo dos chourizos. A súa cantidade de calorías non é moi alta e o seu contido proteico é elevado.