Fabada galega
Servings 1 persona
Ingredients
- 15 g Chourizo
- 45 g Faba fresca
- 25 g Morcilla
- 20 g Touciño entrefebrado
Instructions
- Botaremos nun cazo con auga anacos bastante grandes de allo, cebola e outros non tan grandes de rabo, pata e orella de porco. Despois, incluiremos as fabas xunto con pemento e tras uns minutos engadimos o xamón, o chourizo e xusto despois o touciño e a morcilla. Poñerémolo a lume alto ata que ferva a auga e despois a lume lento durante aproximadamente unhas 2 h.
Notes
As fabas constituían a base da alimentación popular galega no século XIX. O cultivo da faba está moi estendido en Galicia. As fabas conteñen unha cantidade importante de proteínas que supera mesmo á das carnes, pero a súa calidade é inferior. Por outra banda, son tamén importantes en calquera dieta equilibrada debido a que a súa inxestión proporciona un alto valor de saciedade grazas aos seus hidratos de carbono complexos de lenta absorción. É destacable o contido en calcio, fibra e vitaminas B1, B2, B9, e C. Tamén conteñen ferro cuxa absorción a favorece o contido de vitamina C das fabas.