Filete de rapante á galega
Servings 1 persona
Ingredients
- 15 g Aceite de oliva
- 10 g Allo
- 40 g Cebola
- 150 g Rapante
- 40 g Chícharo
- 100 g Pataca
- 2 g Pemento doce
- 1 g Sal
Instructions
- Botamos nunha cazola as patacas cortadas en láminas grosas xunto coa cebola e co loureiro. Deixamos uns 8 min de cocción, e despois botamos o rapante deixándoo outros 5 min. Douramos nunha tixola con aceite o allo e o pemento. Para a presentación do prato poñemos as patacas cocidas, enriba destas o rapante cos chícharos cocidos e, por último, engadimos a allada.
Notes
O rapante é un peixe cun baixo contido graxo, de doada dixestión e contén poucas calorías. Destaca o seu contido en magnesio necesario para a transmisión do impulso nervioso, e para o mantemento do músculo cardíaco. Tamén posúe fósforo para o mantemento de ósos e dentes. Os chícharos que acompañan o rapante neste prato proporcionan moita fibra que reducen os niveis de colesterol e a aparición de enfermidades cardiovasculares. Constitúen unha boa contribución de proteína vexetal.