Print

Galo de Vila de Cruces

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 40 g Caldo de polo
  • g Colorante
  • 180 g Galo
  • 120 g Pataca
  • 1 g Perexil
  • 40 g Pemento vermello
  • 40 g Pemento verde
  • 1 g Sal
  • 40 g Viño branco

Instructions

  • Primeiro cortamos o galo en toros, despois deixarémolo permanecer polo menos un día en adobo con viño branco, cebola, perexil, allo, sal e aceite de oliva. Durante outras dúas horas cocerémolo a lume lento nunha cazola de barro bañado en caldo, viño branco, aceite, pementos vermello e verde, cebola e allo.

Notes

O galo desta vila pontevedresa críase en condicións de semiliberdade no curral, desta forma quérese conseguir que se críe como antigamente nas casas campesiñas. Esta forma de cría, imitando á de antano, consiste en que se alimenta sobre todo con cereais, sen ningún tipo aditivos, ao aire libre. Isto fai que a súa carne sexa moi apreciada e conteña moi pouca graxa. Consómese nas grandes celebracións, como a do Nadal.