Print

Guiso de xoubas

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 50 g Cebola
  • 100 g Pataca
  • 1 g Perexil
  • 1 g Pementa branca
  • 30 g Pemento vermello
  • 0.5 g Sal
  • 50 g Tomate
  • 140 g Xouba

Instructions

  • Dóuranse as cebolas peladas e picadas e cando estean listas incorpórase o tomate tamén picado e pelado. Engádense ás cebolas e ao tomate, o perexil, o pemento cortado moi fino, a pementa e o sal. Retírase do lume. Límpanse as sardiñas e consérvanse enteiras coa cabeza. Nunha tarteira bótase o rustrido a xeito de base e enriba colócanse as sardiñas. Sálgase e engádese un chorro de aceite e unhas follas de loureiro ou tomiño. Introdúcense no forno 5 min a lume medio e cóbrese con papel engraxado.

Notes

Co nome de "xoubas" coñécense ás sardiñas de pequeno tamaño na zona das Rías Baixas galegas. Nas Rías Altas coñécense como “parrochas”. A sardiña é un peixe azul polo que proporciona ácidos graxos omega 3 aos que se atribúen propiedades cardiosaudables. Tamén axuda a reducir os niveis de colesterol. Destaca o seu contido en calcio que contribúe a conferir aos ósos fortaleza e rixidez. Ademais, posúe fósforo que intervén na formación e no mantemento dos ósos e no desenvolvemento dos dentes. Entre as vitaminas que contén sobresae a D que é importante para o funcionamento do sistema nervioso e para o crecemento da poboación infantil.