Print

Lebre á cazadora

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 0.5 g Azafrán
  • 50 g Cebola
  • 6 g Fariña
  • 150 g Lebre
  • 120 g Pataca
  • 0.5 g Pemento picante
  • 30 g Pemento verde
  • 0.5 g Sal
  • 30 g Tomate

Instructions

  • Extraemos da peza o fígado, rebozámolo en azafrán e fariña e desfacémolo coa axuda dun garfo, ou calquera outro utensilio de cociña, formando unha pasta e reservamos. O resto da peza torámola e dourámola xunto co tomate, coa cebola, co pemento e acompañámola cunha folliña de loureiro. Despois duns minutos, bótaselle o pemento e a fariña torrada. Tras a mestura vertemos a auga e cocemos. Parta da auga da cocción engadímola, ao final, á pasta de fígado que engadiremos ao guiso proporcionándolle así un sabor característico á perdiz e ás patacas, que aínda que estas se precociñan á parte, xusto neste momento incorporámolas ao guiso.

Notes

A lebre está dentro do grupo de caza de pelo. A mellor época para a lebre é o outono e a principios do inverno, cando está permitida a caza. Ten a carne rosada e trátase dunha carne magra e branda, polo que a lebre presenta un contido baixo en calorías. Este prato de lebre á cazadora é unha receita típica castelá e úsase como gornición unhas porcións de pan frito.