Print

Salmón con gambas

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g salmón
  • 1 (100g) pataca
  • 100 mL caldo peixe
  • 50 g gambas
  • 60 g cebola
  • 5 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar o peixe e cortar en lombos. Se sazona con sal e marca lixeiramente na prancha. Facer a salsa velouté: refogar a fariña no aceite sen que se torre e engadir o caldo de peixe quente. Salgar, debe quedar como unha bechamel lixeira. Engadir as gambas. Cocer pataca en rebandas separadamente e colocar o salmón sobre a pataca e cubrir coa salsa.

Notes

Vantaxes:
O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. A súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, ademais de ser fonte de magnesio e iodo.
Inconvenientes:
Ó igual que os demais peixes azuis o salmón presenta o inconveniente de conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.