Tallaríns gratinados con feixóns verdes e gambas
Ingredients
- 80 g pasta (tallaríns)
- 70 g feixón verde
- 40 g gambas
- 30 g cebola
- 10 g queixo relado
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer os tallaríns en abundante auga fervendo cunha pizca de sal. Refrescar e escorrer. Nunha tixola, refogar a cebola e os feixóns verdes xunto cos dentes de allo, todo iso cortado en brounoisse (cuadradiños pequenos). Unha vez refogada a verdura, engadir as gambas. Subir a intensidade do lume e deixar que se mesture, poñer a punto de sal e, nese momento, agregar a pasta cocida. Refogar todo o preparado uns instantes e cubrir co queixo relado e gratinar.
Notes
Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. Ademais este prato complétase co aporte en proteínas de alto valor biolóxico e tamén cos minerais das gambas. E con la riqueza en fibra dos feixóns verdes.