Salmón á pementa verde
Ingredients
- 150 g salmón
- 100 mL caldo peixe
- 80 g pataca
- 5 g fariña
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- pementa verde
- sal ao gusto
Instructions
- Salar o salmón e dourar á prancha e reservar. Facer unha salsa dourando no aceite o allo, ligar coa fariña, engadir o caldo de peixe, cocinar uns minutos e terminar coa pementa verde. Servir acompañado de pataca cocida.
Notes
Vantaxes:
O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. A súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, ademais de ser fonte de magnesio e iodo. Inconvenientes:
Ó igual que os demais peixes azuis o salmón presenta o inconveniente de conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.