Print

Xamonciños de polo asados con cebola ao viño branco

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g polo
  • 50 g arroz
  • 50 g cebola
  • 50 mL viño branco
  • 3 g allo
  • 1 cullerada (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instructions

  • Salpementar os zancos de polo previamente limpos e untar de aceite de oliva. Colocalos nunha bandexa apta para o forno e asar a 170ºC durante 20 minutos. Colocar a cebola cortada en tiras finas (corte en juliana) nunha cazola co aceite de oliva. Cociñar coa cazola tapada aproximadamente durante 30 minutos a lume suave, xunto co viño branco. Unha vez cociñados os zancos de polo servilos coa gornición da cebola refogada co viño branco e cos mollos do asado. Acompañar de arroz branco.

Notes

Vantaxes:
A carne de polo contén aminoácidos esenciais de fácil asimilación, e polo tanto é unha boa fonte de vitaminas. O seu baixo contido en graxas fai que o aporte calórico non sexa elevado. Contén vitaminas do grupo B, como niacina, piridoxina, riboflavina, tiamina e ácido fólico. Ademais é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.