Sopa fría de lumbrigante
Servings 1 persona
Ingredients
- 5 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 30 g Lumbrigante
- 40 g Cabaciña
- 59 g Cebola
- 60 g Pan
- 0.5 g Pementa negra
- 20 g Pemento verde
- 0.5 g Sal
- 60 g Tomate
- 10 g Vinagre
Instructions
- Poñemos a cocer o lumbrigante, nunha tarteira con auga, durante 10 min unha vez que ferva auga. Tras arrefriar, extraemos toda a carne do animal, as cascas fervémolas para facer un caldo que despois empregaremos para empapar algo de pan. Á parte, metemos no batedor os tomates, a cabaciña, a cebola, o pemento e o allo. Pódeselle engadir tamén aceite e o pan remollado. Bótase sal e vinagre. Déixase repousar unhas horas e vólvese a bater. Unha vez feito isto, e deixándoo repousar unhas horas máis, picamos a carne do lumbrigante e servimos frío.
Notes
O nivel de graxas do lumbrigante é moi baixo pero pola contra o nivel de colesterol que presenta é elevado, como acontece co resto de crustáceos. Destaca a súa cantidade de iodo, necesario para a síntese das hormonas tiroideas. Tamén destaca a presenza da vitamina B5 que axuda a reducir o nivel de colesterol e, tamén, axuda a combater o estrés. Polo contido en purinas do lumbrigante desaconséllase o seu consumo en persoas que sofren gota. Tamén é rico en sodio, polo que non é adecuado para persoas hipertensas. Pola súa parte, o tomate, polo seu contido en licopenos, é un bo antioxidante, evitando o envellecemento. O seu contido en calorías é moi baixo. É moi rico en potasio, mineral necesario para a transmisión e xeración do impulso nervioso e para unha normal actividade muscular.