Print

Xurelos ao forno

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 160 g Xurelo
  • 0.5 g Limón
  • 120 g Pataca
  • 0.5 g Sal
  • 30 g Tomate
  • 10 g Viño branco

Instructions

  • Poremos na base dunha fonte para forno un leito de cebola, allo e tomate picado. Cortaremos uns toros de patacas finas que poremos sobre o anterior. Os xurelos poñerémolos ao final de todo. Salgamos e levamos ao forno. As condicións de cociñado serán de 10 min a 220 ºC aproximadamente.

Notes

O xurelo é un peixe azul, é dicir, un peixe graxo. Esta graxa, rica en ácidos graxos omega 3, contribúe a reducir os niveis de colesterol e de triglicéridos en sangue, e tamén se reduce o risco de arteriosclerose e de formación de trombos. Recoméndase a presenza na dieta de peixes azuis porque grazas á calidade da súa graxa colaboran na redución do risco de enfermidades cardiovasculares. É unha boa fonte de proteínas de alto valor biolóxico, de vitaminas do grupo B e minerais como o magnesio.