Robaliza en salsa de perdigón
Servings 1 persona
Ingredients
- 10 g Aceite de oliva
- 10 g Allo
- 1 g Azafrán
- 50 g Cebola
- 160 g Robaliza
- 100 g Pataca
- 1 g Perexil
- 1 g Sal
Instructions
- Toramos as cebolas e botámolas sobre a robaliza previamente colocada e salgada nunha cazola. Nun morteiro, esmagamos ben os dentes de allo co azafrán e co perexil, despois engádeselle o aceite e a auga. Mestúrase ben, botáselle á cazola onde está a robaliza e déixase cocer uns 10 min. Pódeselle engadir un ramallete de herbas, se se quere.
Notes
Esta tradicional forma de preparar a robaliza é típica de Lugo. A robaliza é un peixe moi apreciado na cociña. É un dos peixes brancos con menor contido graxo, por iso é un peixe moi axeitado para incluír en dietas de adelgazamento. Os ácidos graxos que contén son omega 3 o que axuda a previr enfermidades cardiovasculares. Adicionalmente posúe un alto contido proteico, vitaminas do grupo B, en especial a vitamina B12, que axuda á formación de glóbulos vermellos no sangue e ao mantemento do sistema nervioso central e minerais como potasio, fósforo, ferro, sodio e magnesio.