Rodaballo guisado
Servings 1 persona
Ingredients
- 20 g Aceite de oliva
- 2 g Allo
- 60 g Cebola
- 120 g Pataca
- 5 g Perexil
- 1 g Pemento picante
- 40 g Pemento vermello
- 40 g Pemento verde
- 160 g Rodaballo
- 1 g Sal
- 10 g Vinagre
- 20 g Viño branco
Instructions
- Sofritimos allo, pemento e cebola e, posteriormente, unhas patacas, engadimos auga xusto cando as patacas alcancen un punto medio de fritura e cocémolas xunto co rodaballo. Mentres preparamos un refogado de allo, viño branco, perexil, azafrán e chile (ao gusto) que botaremos sobre o rodaballo e as patacas ao final.
Notes
O rodaballo é un peixe semigraxo que contén poucas calorías polo que se pode incluír nas dietas de control de peso. Contén proteínas de elevado valor biolóxico. Debida ao seu alto contido en potasio e á súa moderada cantidade en sodio, as persoas hipertensas poden consumilo sen ningún problema. O rodaballo é xunto ao salmón o peixe que máis ácido fólico contén. Este é esencial na elaboración de anticorpos. Prevén a depresión e cumpre importantes funcións relacionadas coa actividade cerebral. Os pementos que acompañan ao rodaballo posúen vitamina C e gran cantidade de potasio polo que son depurativos e diuréticos. Ademais teñen fibra polo que sacian e melloran o tránsito intestinal.