Rosquillas
Servings 1 persona
Ingredients
- 2 g Aceite de oliva
- 3 g Azucre
- 1 g Canela
- 5 g Fariña
- g Licor doce (Anís)
- 2 g Manteiga
Instructions
- Unha vez que temos o azucre, o anís e o aceite lixeiramente mesturados, imos botando a fariña e amasamos o conxunto. Unha vez que estea lista a masa, dámoslle forma de rosquilla e colocámolas nun recipiente para evitar que toquen unhas con outras, e introducímolas no forno a 180 ºC durante 30 min. Cando estean listas engadímoslles o azucre e a canela pola superficie, e se se desexa unhas gotiñas de anís.
Notes
As rosquillas consómense e elabóranse en toda Galicia. As típicas das romarías son orixinarias de Ribadavia, en Ourense, por iso recibiron o nome de rosquillas de tipo ribeiro. As rosquillas e demais doces semellantes naceron como un derivado do proceso de panificación xa que a súa elaboración, é practicamente a mesma que se emprega para facer o pan. Polos ingredientes que contén e a súa elaboración consumíanse polas clases máis populares.