Print

Sopa de cangrexo de mar

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 30 g Cangrexo
  • 0.5 g Cravo
  • 0.5 g Comiño
  • 10 g Coñac
  • 1 g Loureiro
  • 1 g Noz
  • 10 g Pan
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Vinagre

Instructions

  • Cocemos os cangrexos en auga con vinagre, loureiro, cravo, cominos e sal. Retiramos o caldo e mesturámolo con coñac, noces e un rustrido de aceite, allo e perexil. Espésase con miolo de pan e dáselle outros minutos de cocción.

Notes

O cangrexo de mar contén poucas graxas e calorías. Polo seu contido en ácidos graxos omega 3 axuda a previr enfermidades cardiovasculares. Tamén é fonte de proteínas, e como a maioría dos mariscos, o seu nivel de colesterol é elevado. Tamén contén sodio, polo que as persoas con hipertensión deben evitar o seu consumo ou facelo con moderación. Contén vitamina A polo que contribúe a manter o bo estado da visión.