Torta de Magosto
Servings 1 persona
Ingredients
- 25 g Azucre
- 12.5 g Castaña
- 19 g Fariña de castañas
- 12.5 g Fariña de trigo
- 25 g Ovo
- 20 g Leite
- 2 g Fermento
- 2 g Licor doce (café)
- 4 g Manteiga
- 1 g Sal
Instructions
- Picamos as castañas e fervémolas en leite para que amolezan. Reservámolas. Engadímoslle ao leite a fariña de castañas e azucre obtendo así (tras batido) unha crema. Á parte, á fariña de trigo engadirémoslle, en primeiro lugar, os ovos e, en segundo lugar, unha mestura previa de manteiga e licor café. Xuntamos a crema e a mestura anterior coas castañas que reservamos. Vertemos sobre unha bandexa para forno, previamente untada de manteiga e cuberta de fariña. Enfornamos durante 40 min aproximadamente.
Notes
O outono é a tempada da castaña en numerosos lugares de Galicia, sobre todo na provincia de Ourense, onde é tradicional a celebración dos magostos no mes de novembro. Elabóranse multitude de sobremesas coa castaña como ingrediente principal. Esta torta, tamén chamada de San Martín, é de recente elaboración e nace ao redor da celebración do magosto ourensá.