Print

Torta de Santiago

Course Postre
Servings 1 persona

Ingredients

  • 32 g Améndoa torrada
  • 20 g Azucre
  • 15 g Fariña
  • 18 g Ovo
  • 2 g Fermento
  • 4 g Manteiga
  • g Rela de limón

Instructions

  • Para facer a masa mesturamos o azucre e os ovos. Batemos enerxicamente ata conseguir unha textura esponxosa. Engadimos a fariña e a manteiga e batemos todo ben. Finalmente, agregamos as améndoas moídas e a casca dun limón relada. Botamos nun recipiente para enfornar a temperatura alta e cando colla cor retirámola. Se se desexa pódeselle esparexer azucre glass.

Notes

Como o seu propio nome indica, esta torta ten a súa orixe en Santiago de Compostela. O ingrediente principal desta torta é a améndoa moída. Hai constancia da súa existencia no século XVI e entón chamábase torta real. A característica cruz que a adorna na súa superficie é moi posterior. Na primeira metade do século XX, a compostelá Casa Mora comeza a adornala con esta cruz. A súa compoñente principal, a améndoa, é un froito seco moi recomendable debido ao seu gran contido en proteínas. Tamén é rico en graxas, a maior parte delas insaturadas que nos axudan a manter controlados os niveis de colesterol. Ten un alto valor enerxético polo que as persoas obesas ou aquelas que estean a seguir unha dieta de control de peso deben ter especial coidado.