Tenreira asada
Servings 1 persona
Ingredients
- 10 g Aceite de oliva
- 200 g Agulla de tenreira
- 5 g Allo
- 30 g Cebola
- 150 g Pataca
- 25 g Pemento vermello
- 25 g Pemento verde
- 20 g Porro
- 1 g Sal
- 50 g Salsa de tomate
- 40 g Viño branco
- 30 g Cenoria
Instructions
- Cortamos as hortalizas en dados grandes e colocamos na placa de forno con aceite, dispoñemos a carne enriba, previamente aderezada con sal e pementa e introducimos no forno a 170 ºC, na metade de cocción regamos con viño branco e enfornamos aproximadamente unha hora. Faremos unhas patacas fervidas en caldo de carne, salsa de tomate e un pouco de colorante para obter a cor amarela.
Notes
Este prato reservábase para grandes celebracións en Galicia, festas ou vodas. Facíase con carne de tenreira, coa parte da agulla ou do xarrete. A carne de vacún maior presenta certa cantidade de graxa intramuscular o que fai que sexa moi zumarento. Esta graxa caracterízase polo seu elevado contido en ácidos graxos saturados que axudan a previr enfermidades cardiovasculares. Destaca pola súa riqueza en ferro hemo de doada absorción para combater anemias. En canto ao resto de minerais que contén preséntanse en cantidades moderadas como son o iodo, o manganeso, o cinc e o selenio.