Vieira ao estilo de Vigo
Servings 1 persona
Ingredients
- 10 g Aceite de oliva
- 30 g Cebola
- 15 g Pan relado
- 1 g Pemento doce
- 1 g Sal
- 33 g Vieira
Instructions
- Collemos as vieiras e, coa axuda dun coitelo, eliminámoslles a parte superior (valva plana). Desprendemos a vieira que está suxeita á valva cóncava e deixámola solta na cuncha. Limpámolas con auga e engadímoslles o sal. Douramos nunha tixola con aceite, o pemento doce e a cebola. Botamos isto sobre a vieira. Esparexémoslle pan relado por enriba e introducímola un cuarto de hora no forno a temperatura alta.
Notes
Esta receita é recollida a finais do século XIX no libro de cociña El practicón de Ángel Muro, enxeñeiro dedicado ao periodismo, e está baseado na cociña burguesa madrileña daquela época. A vieira posúe un alto contido en proteínas e en minerais como o ferro que axuda a previr anemias, e selenio que actúa como antioxidante. Destaca a cantidade de vitamina B12 que non está presente nos vexetais, tamén útil nos casos de anemias.