Vieiras ao viño
Servings 1 persona
Ingredients
- 2 g Allo
- 20 g Champiñón
- 5 g Coñac
- 15 g Fariña
- 25 g Leite
- 10 g Limón
- 5 g Manteiga
- 1 g Perexil
- 80 g Vieira
- 60 g Viño branco
- 20 g Xema de ovo
Instructions
- Preparar unha salsa. Para iso, primeiro dourar uns allos con manteiga e, seguidamente, engadir a fariña, o leite, o viño albariño, un chorro de coñac e outro de zume de limón e unha xema de ovo batida. Revolver esta mestura sen parar ata formar a salsa. Engadir esta salsa á vieira aberta, na súa cuncha. Enfornar ata que se doure ben a vieira pola superficie.
Notes
A vieira é un dos mariscos máis representativos de Galicia, non só polas capturas e pola cría nas bateas das Rías Baixas senón porque é un símbolo para os peregrinos que a levan ao longo do camiño de Santiago de Compostela. Destaca o seu baixo contido en graxas e a súa contribución proteica e de minerais como o iodo, que é beneficioso para o metabolismo e calcio, que dá rixidez e fortaleza aos ósos e, ademais, axuda a reducir o nivel de colesterol. En canto ás vitaminas, destaca como fonte de vitamina B12 necesaria para o funcionamento do sistema nervioso. A carencia desta pode producir anemia.