Print

Zorza

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 4 g Allo
  • 90 g Lombo de porco
  • 1 g Pemento doce
  • 0.5 g Pemento picante
  • 0.5 g Sal

Instructions

  • Adóbase o lombo de porco, previamente salgado nun recipiente con auga, os allos ben picados, unha parte de pemento picante por dúas de pemento doce e déixase repousar de 24 a 48 h. Unha vez que estea a carne ben adobada frítese nunha tixola con aceite moi quente.

Notes

A zorza é un prato típico galego, propio das zonas costeiras das Rías Baixas e Altas, e das bisbarras do interior. Utilízase como recheo de empanadas ou chourizos. É unha mestura de distintas carnes de porco, normalmente lombo, que se adoban con pemento doce e picante o que lle proporciona unha cor intensa. O lombo de porco é un alimento rico en vitamina B1 que axuda a superar o estrés e a depresión, tamén axuda en períodos de embarazo ou lactación e despois de operacións ou durante períodos de convalecencia, debido a que nestes períodos hai un maior desgaste desta vitamina.