Lombo de pescada con mexillóns
Ingredients
- 150 g lombo pescada
- 1 (100g) pataca
- 100 mL caldo peixe
- 50 g mexillóns
- 40 g cebola
- 10 g fariña
- 1 dente (5g) allo
- 3 culleradas (15mL) aceite oliva
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Marcar os lombos de merluza sazonados. Refogar o allo e a cebola picada no aceite, engadir a fariña e mollar co caldo. Abrir os mexillóns nunha pota separadamente ao vapor e introducilos na salsa. Cubrir a pescada e introducir no forno ata a súa cocción. Acompañar de patacas cocidas.
Notes
Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12), pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.