Print

Patacas en salsa verde

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 1 grande (150g) pataca
  • 60 mL caldo peixe
  • 25 g cebola
  • 20 g chícharos
  • 50 g bacallau
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Ferver a pataca redonda e reservar. Refogar o allo, cebola picados en aceite, cubrir de fariña cubrir con caldo, engadir o perexil e os chícharos. Introducir as migas na salsa e rematar mesturando coas patacas.

Notes

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.
Inconvenientes:
A pesar do seu contido en vitamina C, pérdese a maior parte desta vitamina co pelado, e o resto durante o proceso de cocción.