Lombo de porco con chícharos e cenoria
Ingredients
- 150 g lombo porco
- 100 g auga
- 50 g puré pataca
- 50 mL viño branco
- 35 g pemento verde
- 30 g cenoria
- 20 g chícharos
- 10 g cebola
- 10 g porro
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Untar o lombo con aceite de oliva e introducir no forno xunto coas verduras picadas en dados grandes, nunha placa a 180ª C ata que se doure a superficie. Agregar un pouco de viño branco e auga sen que cubra a carne. Dar a volta ao lombo para que as verduras non queden queimadas. Deixar cocinar ata que o lombo estea brando e ao pinchar non salga sangue. Sacar o lombo das placas e reservar. Pasar as verduras por un colador chinés para que solten todo o seu mollo, pero sen triturar. Poñer os mollos nun cazo ao lume para que fervan, cando comecen a ferver agregar unha cullerada de maicena. Poñer a punto de sal e agregar os chícharos, as cenorias cocidas e o pemento verde cortado a dados para que collan o gusto da salsa. Acompañar de puré de pataca.
Notes
Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico. Inconvenientes: