Patacas castelás
Ingredients
- 200 g pataca
- 100 mL caldo carne
- 30 g cebola
- 5 g fariña
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementón doce
- loureiro
- pementa
- sal ao gusto
Instructions
- Nunha tixola refogar a cebola picada fina co allo picado, ata que empeza a dourarse. Engadir as patacas peladas e cortadas en dados grosos e refogar uns minutos. Cubrir co pementón e remover uns minutos. Engadir a fariña, removendo brevemente ata que comece a dourarse. Verter o caldo ou auga, ata cubrir as patacas, engadir unha folla de loureiro e salpementar. Deixar cocer a lume lento uns 20-30 minutos, ou ata que as patacas queden moi tenras.
Notes
Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.