Print

Macarróns refogados con verduras

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 80 g macarróns
  • 50 g cebola
  • 50 g cabaza
  • 40 g espárrago verde
  • 30 g champiñóns
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cocer os macarróns en abundante auga con sal, o tempo que indique o fabricante. Escorrer e reservar. Nunha cazola cun pouco de aceite de oliva, rustrir a cebola cortada en tiras e a cabaza cortada en anacos regulares. A continuación agregar os espárragos trigueros troceados e os champiñóns. Cociñar durante aproximadamente 10 minutos, poñer a punto de sal e reservar. Unha vez elaborado o rustrido, mesturar cos macarróns untados cun pouco de aceite de oliva.

Notes

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.