Print

Palometa á vasca

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g palometa
  • 1 (100g) pataca
  • 50 mL caldo peixe
  • 30 g cebola
  • 25 g améixoa xapónica
  • 20 g chícharos
  • 10 g espárrago branco
  • 7 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Preparar unha salsa verde: refogar en aceite o allo e cebola picados sen que tome cor. Engadir un pouco de fariña e caldo de peixe. Deixar cocer 10 min. e engadir perexil picado. Introducir a palometa na salsa e meter no forno coas améixoas e chícharos durante 8 min. Acompañar na mesma cazola con patacas redondas cocidas e espárrago.

Notes

Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes. Este prato tamén presenta pataca, cuxo principal compoñente despois da auga é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite, ademais é aconsellable o seu consumo debido a súa acción diurética e depuradora.