Minestra con taquiños de xamón
Ingredients
- 50 g feixóns verdes
- 50 g cenoria
- 50 g alcachofas
- 50 g pataca
- 40 g chícharos
- 25 g cebola
- 20 g xamón en tacos
- 15 g espárrao branco
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Cortar o feixón en dados, a cenoria en bastóns grosos, a alcachofa á metade e trocear os espárragos. Cocer todos os ingredientes por separado. Mentres, facer un rustrido coa cebola e o allo picados; engadirlle o xamón e refogar uns minutos. Escorrer as verduras e mesturar co rustrido.
Notes
Vantaxes:
Grazas á combinación de numerosas verduras este prato aporta substancias cunha elevada acción antioxidante, vitaminas do grupo B, A, E, C, e minerais como potasio, fósforo, calcio ou magnesio.
Grazas á combinación de numerosas verduras este prato aporta substancias cunha elevada acción antioxidante, vitaminas do grupo B, A, E, C, e minerais como potasio, fósforo, calcio ou magnesio.