Print

Pementos vermellos con champiñóns estufados

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 120 g pemento vermello
  • 80 g champiñóns
  • 50 g cebola vermella
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Asar os pementos vermellos no forno a 170º C durante 35 minutos, untados con aceite de oliva e un pouco de sal. Pelar os pementos e reservar xunto cos mollos do asado e un pouco de aceite de oliva. Limpar a cebola vermella e cortar en xuliana (tiras finas), pelar os allos e cortar en láminas. Nunha cazola dourar co aceite de oliva a cebola e o allo. Agregar os champiñóns limpos e troceados. Deixar que se cociñen durante 10 minutos a lume suave.

Notes

Vantaxes:
Os hidratos de carbono son o compoñente maioritario dos pementos. Tamén teñen un elevado contido en auga e o seu contido en lípidos é moi escaso, isto fai que o seu valor calórico sexa baixo. É un dos alimentos máis ricos en vitamina C, incluso proporciona o dobre desta vitamina que a laranxa. Pero tamén é rico en carotenos, como o beta-caroteno ou provitamina A. Ademais, como as verduras en xeral, os pementos son ricos en fibra. E en canto ós minerais, contén, principalmente, fósforo, potasio, magnesio e calcio.