Palometa á galega
Ingredients
- 150 g palometa
- 100 g pataca
- 20 g chícharos
- 2 dentes (10g) allo
- pementón doce
- loureiro
- 2 culleradas (20mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar e cortar a palometa en tranchas. Poñer a cocer en auga con loureiro as patacas cortadas en rebandas grosas. Aos 8 min. engadir o peixe e cocer de 5 a 8 minutos máis. Separadamente, preparar unha allada co aceite, allo e pementón. Servir a palometa enriba das patacas acompañado por chícharos cocidos a parte e a salsa allada por enriba.
Notes
Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes. Este prato tamén presenta pataca, cuxo principal compoñente despois da auga é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite, ademais é aconsellable o seu consumo debido a súa acción diurética e depuradora.